InicioEconomíaReunións de Expomar co sector pesqueiro vasco detro do Programa Relevo 2020

Reunións de Expomar co sector pesqueiro vasco detro do Programa Relevo 2020

A Fundación Expomar estará presente con stand propio na World Maritime Week, que se celebrará en Bilbao do 5 o 7 de outubro nas instalacións de Bilbao Exhibition Centre.

Publicada o

- Advertisement -

O xerente da Fundación Expomar, José Manuel González Brais, e o presidente da Federación de Confrarías e patrón maior do pósito de Burela, Basilio Otero, viaxaron ao País Vasco cunha delegación do Galp A Mariña-Ortegal, dentro das actividades do Programa Relevo 2020.

Ambos aproveitaron esta visita para promocionar o traballo da Fundación Expomar. González e Otero mantiveron encontros en Ondárroa, Guetaria e Pasaia con responsables autonómicos e representante do sector pesqueiro do País Vasco. Na Confraría de Pescadores de San Sebastián participaron nunha xuntanza coa secretaria da Federación de Cofradías de Guipúzcoa, Miriam Garmendia, e con Alfredo de Miguel, da entidade publica Hazi, que leva a secretaría dos Galp no País Vasco.

Eles mostraron o seu coñecemento das actividades da Fundación e o interese en participar nas programadas para 2022 e 2023. Nesta reunión os representantes de Expomar contaron co apoio do presidente da Federación  de Confrarías da Coruña, Daniel Formoso.

PRESENTES NA WORLD MARITIME WEEK

A Fundación Expomar estará presente con stand propio na World Maritime Week, que se celebrará en Bilbao do 5 o 7 de outubro nas instalacións de Bilbao Exhibition Centre.

Alí farase promoción das Xornadas Técnicas e do Encontro Empresarial de 2022  e darán comezo os contactos para participar na Feira Monográfica de 2023, que despois dos problemas derivados da situación pandémica promete superar todos os éxitos das edicións anteriores.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...